+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

A DEPUTACIÓN PECHA A ADXUDICACIÓN DOS CAMPAMENTOS DESTE ANO DE «DEPOAVENTURA A LANZADA 2019»


Os contratos para o programa xestionado polo servizo de Cohesión Social, adxudicados por procedemento aberto, teñen un importe total de preto de 300.000 euros

O Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este luns a adxudicación, mediante procedemento aberto, do servizo de asistencia técnica educativa e do subministro de produtos alimenticios para “Depoaventura A Lanzada 2019”, o programa provincial de campamentos de verán no Centro de Vacacións A Lanzada, nos que a rapazada de entre 8 e 13 anos participa en actividades lúdicas, culturais, deportivas e formativas, co obxecto de contribuír ao seu enriquecemento persoal e de facilitarlles coñecer outros lugares e accións fóra da súa contorna.

Por unha banda, o contrato para a prestación do servizo de asistencia técnica educativa é adxudicado á empresa “Golfiño Xestión de Ocio S.L.” por 214.280 euros. En canto ao contrato de subministro de produtos de alimentación divídese en catro lotes diferentes. Así, os produtos de almacén e despensa foron adxudicados a “Miguel A. Ventín Portasany”, por 49.205,37 euros; os produtos cárnicos a “Mercash Sar S.L”, por 22.168,48 €; as froitas e verduras a “Frutas Barreiro S.L.”, por 7.586,71 €, e os produtos de panadería a “Panadería Cambados S.L.”, por 4.429,98€.

“Depo Aventura A Lanzada 2019” ofrece un total de 2.200 prazas ás nenas e nenos da provincia: 1.885 para o procedemento xeral e 315 de carácter gratuíto para menores en situación ou risco de exclusión social. Os campamentos vanse desenvolver entre o 23 de xuño e o 7 de setembro, en 11 quendas distintas nas que participarán 200 nenas e nenos en cada unha delas.

Deja un comentario