+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

SOUTOMAIOR FINALIZA AS TAREFAS DE MELLORA NA ÁREA RECREATIVA EN O VAL- SOBRAL


Os traballos incluían melloras na pista deportiva e a recuperación da fonte e o lavadoiro tradicional do barrio

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar as tarefas de mellora e recuperación de patrimonio na área recreativa do barrio de O Val- Sobral. Os traballos consistían na actualización da pista deportiva e a restauración dos dous elementos patrimoniais da área, a fonte e o lavadoiro. A mellora contou cun orzamento de execución de 19.727 euros que foron financiados exclusivamente con fondos municipais.
A primeira das actuacións tiña como obxectivo a actualización da pista polideportiva e a súa contorna. Para iso realizouse unha limpeza completa da pista para proceder á selaxe de todas as xuntas, renovouse completamente o valado perimetral, realizouse un reaxuste dos elementos de iluminación e renovouse todo o material deportivo propio do recinto, como as redes, canastras e todas as liñas e marcas propias de cada deporte. Ademais, reconstruíuse un dos muros de contención próximos á pista.
Para os traballos de recuperación de patrimonio na fonte e o lavadoiro levou a cabo unha limpeza e rejuntado de toda a cachotería perimetral e renovouse por completo todo o chan do recinto cun solado de pedra granítica de 3cm de espesor. Do mesmo xeito, renovouse completamente a cuberta do lavadoiro, sustentada sobre catro novos alicerces de cantería cun novo tellado a catro augas con estrutura de abeto recuberto de tella cerámica plana.

Deja un comentario