+034 986 09 02 04 Domingo 05 de Xullo de 2020

REGADES E REY PROMETEN COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E ZONA FRANCA PARA DAR UN PULO ECONÓMICO A CALDAS


O secretario xeral provincial e delegado do Goberno na Zona Franca de Vigo mantivo un encontro co candidato socialista á reelección
David Regades e Juan Manuel Rey mantiveron esta mañá de martes un encontro en Caldas de Reis no que exploraron diferentes formas de colaboración entre o Concello e a Zona Franca de Vigo.
“O novo Plan Xeral ponnos en disposición de desenvolver moito chan industrial en máis dunha zona”, sinalou Rey, candidato á reelección. Para ilo, o actual alcalde anunciou o compromiso da Zona Franca, expresado a través do seu máximo dirixente, tanto para “o desenvolvemento industrial como poñendo a disposición das empresarias e empresarios toda a infraestrutura” da que dispón o Consorcio, que vai desde o apoio ás exportacións como ao I+D+i.
Así o ratificou o máximo dirixente das e dos socialistas da provincia e Delegado do Goberno na Zona Franca, David Regades, que sinalou que nos nove meses que leva á fronte do Consorcio “xa empezamos a colaborar co Concello de Caldas de forma contundente en todo o que nos solicitou”, como por exemplo misións comerciais.
“Isto foi a primeira fase; nestes catro anos de mandato que nos quedan por diante imos apostar e firmar convenios de colaboración para apoiar aos polígonos industriais”, explicou Regades. Ademais, a Zona Franca desenvolverá accións concretas en materia de emprendemento e formación.
“Temos que crear postos de emprego en Caldas para que a xente non teña que ir traballar fóra”, sinalou o dirixente socialista da provincia, que apostou por esta fórmula para frear o despoboamento que viven moitos concellos da provincia.
Caldas de Reis, concello de case 10.000 habitantes e que leva gobernado polos socialistas desde as primeiras eleccións democráticas, atópase neste momento nunha situación na que recuperou taxas de ocupación previas á crise.

Deja un comentario