+034 986 09 02 04 Luns 24 de Xuño de 2019

ENTREVISTAMOS A ALCALDESA DE CAMBADOS FÁTIMA ABAL “SOMOS A ÚNICA ALTERNATIVA”


O seu parece o título dunha película, “Alcaldesa por Sorpresa”. Fai 4 anos que levantou o bastón de mando por primeira vez.

  • Qué ten gañado Fátima Abal nestes catro anos?
    • Pois gañei máis que nada seguridade e confianza. Pero tamén a satisfacción de servir e poder axudar á miña veciñanza. Este tempo permitiume vivir unhas das mellores experiencias da miña vida, coñecendo cómo funciona a administración desde dentro e especialmente aprendendo de persoas que me teñen ensinado moito.
  • Que ten gañado Cambados con Fátima Abal como Alcaldesa?
    • Gañou unha Alcaldesa que escoitou a todos os veciños e veciñas de Cambados, sin ver a cor política de cada quen. Unha Alcaldesa cercana, preocupada pola igualdade, e por facer do noso concello un lugar mellor onde vivir. Un modo gobernar que respondeu ó mandato das furnas, que nos pediu un cambio despois de 28 anos de gobernos do PP, sendo capaz de unir a catro forzas políticas diversas e levar a bo porto a xestión do concello.
  • Vostede ten sido a pedra angular do cuatripartito, vése así outros catro anos?
    • Nesta ocasión aspiro a ter unha maioría suficiente para gobernar en solitario ou cando menos cun pouco máis de tranquilidade.
  • O Partido Popular parece non ter encontrado o seu sitio na oposición, dando paos de cego ou con acusacións pouco acertadas. Qué opina?
    • O partido popular e Luis Aragunde teñen perdido a oportunidade de demostrar de qué lado están. Cando nós estabamos defendendo a sanidade pública ou ó sector do mar eles estaban preocupados por se un solar en concreto tiñan ou non herbas… Nós sabemos as prioridades deste concello, outros está claro que ou non as ven ou non lles interesa velas..
  • Os ataques neste tempo á súa persoa e familia, lle afectan ou lle reforzan?
    • Os ataques, cando son persoais, sempre doen. Pero ben é certo que cando a conciencia está tranquila, tés o apoio do teu equipo e a  xustiza falla ó teu favor, non podes máis que sair reforzada e fortalecida.
  • A candidatura do Partido Socialista de Cambados conta cunha amplia renovación, qué pode aportar a Cambados?
    • A candidatura do partido socialista é ante todo progresista, preparada e con ganas. Un equipo paritario, formado por mulleres e homes comprometidos con Cambados e co Partido Socialista con ganas de continuar Sempre Cara Adiante e facer un Cambados do século XXI.
  • Cal é a maior responsabilidade que pesará sobre vostede o vindeiro 26 de maio?
    • Ser consciente de que somos a única alternativa a un goberno de dereitas, e polo tanto o motor de cambio deste concello. O noso éxito, o do partido socialista, será o de toda a xente que cree e confía en que un Cambados, máis igualitario e progresista é posible.

Deja un comentario