+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

FORNELOS DE MONTES CONCENTROU O MELLOR DO BAILE ANDALUZ DA PROVINCIA


Dolores Padín presidenta de Aires del Norte y Olé foi a organizadora de que este evento se realizara en Fornelos de Montes.

No día de onte celebrouse en Fornelos de Montes, a reunión anual denominada “ Festa Andaluza” que promove Aires del Norte y Olé, e que nesta ocasión celebrouse neste concello.

A festa congregou en Fornelos de Montes a centenares de comensais e visitantes que non se quixeron perderse este evento, que simula á xa conocidísima feira de Abril en Andalucia.

Na inauguración contouse coa presenza do alcalde Emiliano Lage e o Sarxento da Garda Civil, que fixeron as honras cortando a cinta que deu comezo á Festa Sevillana.

Emiliano Lage tivo unhas palabras de ánimo e agradecemento á organizadora do evento, nas que lle dixo que está moi orgulloso de contasen con Fornelos para realizar este evento que xa é o segundo ano que se realiza, pero o primeiro en Fornelos de Montes e encomendou á organización de que espera volver gozalo o ano que vén, acto seguido o alcalde Emiliano entregou un detalle á Presidenta da Casa de Andalucía dos símbolos do patrón do concello como recordo, e entregou outro detalle á organización do evento “ Aires del Norte y Olé” que Emiliano Lage quixo enxalzar como un acto cultural e de achegamento entre poboacións coa entrega dun prato conmemorativo da participación dos premios de Manuel Lueiro Rey que se celebra en Fornelos de Montes, un dos actos máis importantes da comarca.

A presidenta da Casa de Andalucía, agradeceu publicamente a Emiliano Lage o seu compromiso coa festa e comentou que por suposto estará encantada de volver a Fornelos de Montes.

Pola súa banda a Presidenta de Aires del Norte y Olé, tamén tivo palabras de agradecemento para Emiliano Lage, facendo fincapé na súa implicación nuns momentos complicados ao ver que no último momento o concello de Ponte Caldelas cancelaba o evento por razóns económicas, e isto facía inviable a súa celebración, pero ao comentarllo ao alcalde de Fornelos, este puxo á súa disposición o que necesitasen para que o evento se puidese celebrar, por este motivo Dolores deulle 1001 grazas.

O resto da velada transcorreu entre a cea, cánticos e os bailes que se alongaron ata altas horas da madrugada e que deixou moi  satisfeitos a visitantes e organización, xa que se foron encantados e prometeron volver coñecer mellor Fornelos de Montes un concello que lles parece espectacular e de gran beleza.

Deja un comentario