+034 986 09 02 04 Luns 27 de Xaneiro de 2020
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

MÁIS DE 370 PERSOAS PARTICIPAN DURANTE A PRÓXIMA FIN DE SEMANA NAS EXCURSIÓNS DO PROGRAMA DA DEPUTACIÓN  “EN RUTA COA DEPO 2019”


Veciñas e veciños Vigo, Pontevedra e A Guarda percorrerán recursos turísticos da provincia grazas ao programa da institución provincial
O programa “En Ruta coa Depo 2019” organiza esta fin de semana 6 novas excursións nas que participarán máis de 370 persoas de tres concellos da provincia. En concreto serán 378 veciñas e veciños dos concellos de Vigo, Pontevedra e A Guarda.
Máis polo miúdo, xa este mércores 22 de maio, 54 persoas da Asociación Avelaíña coñecen á illa de San Simón, ao castelo de Soutomaior, a Ponte Sampaio, e ao Museo Meirande de Redondela.
Por outra banda, 54 persoas da Asociación Veciñal de Teis visitarán o venres 23 a Illa da Toxa, darán un paseo en barco pola ría de Arousa (con degustación) e tamén coñecerán ao Museo da Salga do Grove e darán un paseo pola zona do xacemento da Lanzada. Ademais, 54 persoas da Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo e outras 54 da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva San Xurxo de Saiáns-Vigo participarán na mesma excursión o sábado 25 de maio.
Tamén o sábado, 108 persoas da Asociación de Veciños de San Roque irán ao Mosteiro de Poio; á igrexa de Augas Santas e á fonte medicinal, en Cerdedo-Cotobade; e á praia fluvial en Ponte Caldelas.
Por último, tamén o sábado 25, 54 persoas da Asociación de Veciños de San Pedro de Matamá-La Unión visitarán, en Lalín, o Centro Castrodeza, o Museo Principal Ramón María Aller, o pazo de Liñares e a Casa do Patrón.

O programa “En Ruta coa Depo 2019” oferta este ano 20.000 prazas e 32 rutas para gozar dun día de convivencia, con xantar e transporte incluídos, por lugares emblemáticos da provincia. En liñas xerais, a través desta iniciativa a Deputación pretende crear espazos de unión e convivencia a través do impulso da igualdade de acceso aos recursos turísticos, especialmente para as persoas con diversidade funcional. Tamén dar a coñecer os distintos lugares da provincia de Pontevedra, dotar ás asociacións de recursos para promover o envellecemento activo, así como promover os recursos máis importantes das Rías Baixas para que a xente os coñeza, se poida sentir orgullosa deles, coide o medio ambiente e adquira novos valores de respecto ao entorno.

Deja un comentario