+034 986 09 02 04 Martes 19 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR LICITA A REFORMA INTEGRAL DO PAVILLÓN DEPORTIVO DA MONTESIÑA


Instalarase unha nova pista de parqué e renovarase todo o material deportivo ademais dun acondicionamento de todo o edificio

O Concello de Soutomaior acaba de dar luz verde á reforma integral do pavillón municipal da Montesiña. Unha mellora que conta cun prazo de execución de catro semanas e coa que se instalará unha nova pista de parqué destinada a mellorar as condicións dos equipos locais de baloncesto e patinaxe artístico.
A nova pista de parqué, de tipo aerolástico con acabado de haxa sobre soportes de caucho, terá unha superficie total de 1.060 metros cadrados e cumprirá con todas as normativas europeas para pavimentos deportivos de interior. Ademais, contará coa certificación FIBA nivel de competición 1.
A licitación da mellora volve convocar por segunda vez xa que a anterior adxudicataria, á hora de fornecer o material, non cumpría os parámetros definidos na adxudicación segundo informes dos técnicos municipais, polo que se lle cancelou a adxudicación e sae novamente a concurso.
Ademais da instalación da nova pista deportiva, acometerase unha reforma de todo o sistema de fontanería e substituirase por completo o sistema de iluminación para un de focos led. Por último, renovarase o material deportivo do pavillón e procederase a un acondicionamento do resto do recinto mediante o pintado das paredes e a bancada.
Ademais de refórmea no interior do pavillón municipal, nas próximas semanas poñeranse en marcha unha serie de melloras no equipamento da instalación municipal como a renovación da pista de pádel de cemento, que nestes momentos está a actualizarse para ter as paredes de cristal e as mesmas características técnicas que as outras dúas.

Deja un comentario