+034 986 09 02 04 Xoves 05 de Decembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

UN TOTAL DE 23 TRABALLOS CONCORREN AO CERTAME ‘O MUSEO DE PONTEVEDRA EN CURTAMETRAXES’


As curtas premiadas daranse a coñecer mañá ás 18h no Sexto Edificio nun acto público no que se entregarán os galardóns
Un total de 23 curtametraxes concorreron á segunda edición do programa ‘Telecultura. O Museo de Pontevedra en curtametraxes’, co que a institución museística pretende dar a coñecer o seu patrimonio entre o alumnado da provincia de xeito lúdico e participativo. Na categoría Infantil concorreron un total de 10 traballos, na categoría Benxamín concorreron 4, na categoría Alevín concorreron 2, e na categoría Cadete concorreron 7. O xurado deste certame deliberou na xornada de onte sobre todas as curtas presentadas e, tal e com0 establecen as bases, mañá venres 31 de maio ás 18h no Sexto Edificio faranse públicas as curtas gañadoras e realizarase a entrega de galardóns ao alumando gañador.
Os centros que presentaron traballos na categoría infantil, na que pode concorrer alumnado que curse 5º e 6º de primaria, foron o CEIP Maillón de Nigrán, o CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro de Vilagarcía de Arousa, o CEIP San Clemente de Caldas de Reis, o CEP Sobrada de Tomiño, o CEP Sequelo de Marín que presentou dous traballos nesta categoría, o CEIP Vilaxoán de Vilagarcía de Arousa que tamén presentou dous traballos nesta categoría, e o CPR San José de Pontevedra. Na categoría Benxamín, para alumnado de 1º e 2º da ESO, presentaron traballos a alumna Sofía Rial Vidal a título individual, alumnado do Colexio Eduardo Pondal de Cangas, e alumnado do CPR Plurilingüe Labor de Vigo que presentou dúas curtas. Na categoría Alevín, para alumnado de 3º e 4º da ESO, as dúas curtas que concorreron corresponden a alumnado do CPR Plurilingüe Labor de Vigo. Na categoría Cadete, para alumnado de bacharelato, grao medio e FP básica, presentaron curtas a título individual ‘Laura Somoza García, amigos e amigas’; alumnado do IES Salvaterra de Miño, alumnado do IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra; os alumnos Nee Barros e Manuel Albariñas a título individual; ‘Uxía García Fernández, amigos e amigas’ a título individual; e Lara Rey López; David Sotelo, Guillermo Bouzas e Mario Acuña tamén a título individual.
No acto de entrega de premios, no que tamén se visualizarán as curtas gañadoras, entregaranse 8 galardóns. Na categoría Infantil contemplase un primeiro premio de 600 euros e un segundo de 300 euros, na categoría Benxamín o primeiro premio está dotado con 800 euros e o segundo con 500 euros, na categoría Alevín o primeiro premio está dotado con 1.000 euros e o segundo con 700 euros, mentres que para a categoría Cadete o primeiro premio contempla 1.500 euros, o segundo 1.000 euros, e a mención especial 400 euros. Ademais nas categoría Infantil e Benxamín cabe a posibilidade de que o xurado estableza sendas mencións especiais dotadas con 200 euros, e nas categorías Alevín e Cadete pode establecer dúas mencións especiais dotadas con 400 euros cada unha.

Deja un comentario