+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

QUEIXO ELABORADO CON LEITE DE INVERNO, MEXILLÓNS EN SALSA DE VERMÚ OU MARMELADA DE CAMELIA, ENTRE AS 80 INNOVACIÓNS ALIMENTARIAS DO SALÓN SALIMAT ABANCA


PERTENCENTEN A 55 EMPRESAS QUE PARTICIPAN NA ÁREA EXPOSITIVA DO CERTAME ENTRE O 6 E O 9 DE XUÑO

O 23º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2019, o cal se celebrará do 6 ao 9 de xuño de forma paralela á Feira Internacional Abanca Semana Verde, contará na súa área Alinova con 80 anovadores produtos alimentarios.

Esta zona dedicada ás innovacións será un importante escaparate para os expositores ante o consumidor final e os profesionais do sector. Ademais, as empresas fabricantes amosarán estes produtos nos seus stands.

Nesta edición en Alinova estarán moi presentes os produtos doces, podéndose ver bombóns de chocolate trufado ou recheos de marmelada de pemento, obleas con forma de concha de vieira saudables, galletas artesás con sabor a café, marmelada de rosas e camelias con toque de licor, bica de castaña de Manzaneda, torta de millo artesá ou un novo pack de tres marmeladas que inclúe de aloe, laranxa e melocotón

Tamén se mostrarán numerosas conservas, como mexillóns en salsa de vermú de albariño ou en escabeche de pementón variedade Padrón, albóndegas artesanais de bonito do norte en salsa rivela ou con xamón curado e tamén ventresca, migas, anacos e lombos de bonito do norte artesanais en aceite de oliva. Así mesmo, haberá caracois en conserva con diversas salsas ou novos filetes de anchoa en aceite do oliva.

Ademais poderá verse aceite ou produtos elaborados con el, como xalea de aceite de oliva virxe con pementón de la Vera, marmelada de aceite de oliva, crema de cacao e chocolate negro con este produto, picadiño de olivas neste aceite, po de aceite de oliva ou esferificacións, así como novos lanzamentos nos que se caracteriza por ser aromatizado, ecolóxico, de calidade superior, coupage único no mundo, gourmet, premium ou en estoxo con 4 variedades.

Por outra banda, estarán os lácteos, entre eles novos leites pasteurizados, manteiga de leite de vaca premium e diversos queixos, elaborado con leite cru dos meses de inverno (de outubro a marzo), afumado e cremoso de leite de pastoreo 100% galega, madurados con produción ecolóxica e tamén artesanais. E non faltarán as bebidas, como licor de chufa natural de 15 grados, té ecolóxico en botella de cristal, unha bebida isotónica con base de auga mariña, cervexa artesá e novidosos viños rosados, tintos mencía ou Ribera del Duero e tamén brancos con diversas variedades, como albariño, caíño ou godello.

En canto aos cárnicos, o porco celta terá gran protagonismo, con hamburguesas de xamón fresco desta raza ligadas con fariña de castaña, chourizo de magro ecolóxico ou con pementón de la Vera e tamén cabeza curada, cocida e prensada.

Na mostra encontraranse ademais outros produtos como semente de oliva natural para aliño, fariña de semente de oliveira, xeados ecolóxicos e veganos, arroz ecolóxico condimentado listo para comer, puré de froitas untables vexetais 100% naturais, faba de Lourenzá ecolóxica e outras legumes novas no mercado, pementón artesanal elaborado con variedade Padrón, preparado de pataca confeitada en aceite de oliva e tamén pistachos ecolóxicos

Máis de 50 empresas

Serán 55 as empresas que exporán produtos exclusivos producidos nas súas instalacións, moitos dos cales serán presentados por primeira vez ao mercado en Salimat Abanca 2019.

Estas compañías lanzan estas novidades baixo as marcas Oro del Palancia “1960”, Larsa, Xacobleas, Cervezas Silvestres, O Submarino Alta Conserva, A Pementeira, Tres Fuciños, Enxilde, Runha, Eco González, Friscos & Petroni, Casa Naveira 1914, Magistratus, Fruits de la Terra, Dulces La Cartuja, Adega Terras Mancas, Sabores del Campo, Conservas Faro de Burela, Caracoles e Conservas do Gallo, Atrio Atlantic Isotonic, Bilurico Ready to Drink Tea, Ornal, 3 Hermanos Porta do Conde, Castellum Augusti, Roandi Godello e Mencía, Gallegas Xianas, Embutidos de Cardeña, Olivar de Castro, As Camposeiras, Pradolivo, The Bio Factory, Oro Magnasur, Orballo, Queixos Brigantia, Palacio de Lerma Barbudo, Rosarito, Origen 900, Únicla, Legumbres Arlanza, Olibaeza, La Manillas, Noviembre, Claramunt Extra Virgin, Viña Buena, Rotalaya Cosechas de Aceite, Tuccioliva, Oleo Almanzora, Sierra las Villas, Agapé, Oliaesa, Abril, Valdecuquillo, Marina Selecta, Galifresh, Dona Cobiña, Amarelente S. Coop. Galega, Consevas Anaco e Campo Capela.

Deja un comentario