+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O PROGRAMA DA DEPUTACIÓN “DEPO EN MARCHA 2019” INICIA A VINDEIRA SEMANA NOVE NOVOS OBRADOIROS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA


 

Preto de 160 persoas maiores participarán en distintos talleres nos municipios de Lalín, Ponteareas, Moaña, Vigo, Caldas de Reis, A Estrada e Vilagarcía de Arousa

Ao longo da vindeira semana un total de 159 persoas comezarán na provincia nove novos obradoiros enmarcados no programa “Depo en Marcha 2019”. Os talleres iniciaranse nos municipios de Lalín, Ponteareas, Moaña, Vigo, Caldas de Reis, A Estrada e Vilagarcía de Arousa.

Máis polo miúdo, en Lalín, a APAC comeza este luns 3 de xuño un curso de Traballos manuais variados, no que van participar 19 persoas todos os luns e venres, de 11:00 a 13:00 horas. Tamén, a Asociación de Mulleres en Igualdade de Vilanova comeza o xoves 6 o obradoiro Conservando a memoria, no que van participar 16 persoas os xoves de 18:30 a 20:30 horas.

Por outra banda, en Ponteareas, a Asociación Cultural San Mateo, a partir do luns 3, organiza un taller de Restauración de mobles e tapicería, no que están inscritas 15 persoas, e que terá lugar os luns, de 17:00 a 20:00 horas.

En Moaña, tamén a partir do luns, a Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer do Morrazo (AFAMO) comeza un curso de Teatro, no que van participar 17 persoas todos os luns, de 11:30 a 12:30 horas.

No que respecta a Vigo, a partir do martes 4, a Asociación de Veciños de San Pedro de Sardoma O Carballo organiza un obradoiro de Pilates que terá lugar os martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas. A esta actividade están inscritas 24 persoas. Tamén, A Asociación de Veciños Plaza da Miñoca comeza o mércores 5 o taller de Arte con flores, no que van participar 16 persoas todos os mércores de 10:00 a 12:00 horas.

En Caldas de Reis, a partir do mércores 5, a Asociación de Xubilados e Pensionistas Caldenses organiza o curso de Arte con Flores, no que están inscritas 16 persoas, e que terá lugar os mércores de 18:00 a 20:30 horas.

Pola súa banda, na Estrada, a Asociación de Mulleres Rurais Consumidoras e Culturais Andrés de Vea iniciará, a partir do mércores 5, un obradoiro de Musicoterapia no que participarán 15 persoas todos os mércores de 20:00 a 22:00 horas.

Por último, en Vilagarcía de Arousa, a Asociación Coral Rosalía de Castro comeza o xoves 6 un curso de Bailes de Salón, no que están inscritas 21 persoas, e que terá lugar os xoves de 18:30 a 20:00 horas.

O programa “Depo en Marcha 2019” espalla pola provincia de Pontevedra obradoiros, de 30 horas de duración, englobados en oito grandes áreas temáticas “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natureza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Enredando”, “Dálle marcha” e “En rede”. Os principais obxectivos deste programa son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecer relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, así como potenciar movementos de participación e cooperación social, promover espazos de encontro e impulsar a independencia das e dos maiores para evitar o illamento e as situacións de soidade. Este ano, a empresa Xestión Cultural Aurea S.L é a encargada de xestionar o programa, que conta cun orzamento de 156.000 euros.

Deja un comentario