+034 986 09 02 04 Domingo 17 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR ORGANIZA ESTE VENRES UNHA CHARLA-COLOQUIO SOBRE DIVERSIDADE SEXUAL


A iniciativa está incluída no programa de actividades de conmemoración do día contra a homofobia, transfobia e orgullo LGTBI

O Concello de Soutomaior organiza este venres unha charla-coloquio con motivo da próxima conmemoración do día internacional do orgullo LGTBI. A actividade comezará a partir das 18:00 horas na Biblioteca Municipal, que reabriu esta tarde as súas portas tras os traballos de instalación dun novo ascensor para facilitar o acceso aos veciños con mobilidade reducida.
A edil de igualdade, Cristina González, destacou que esta actividade é o primeiro paso dun os seus maiores obxectivos para este mandato, “potenciar a perspectiva de xénero e os valores de respecto e non discriminación en todas as actividades municipais”.
A charla será dirixida pola presidenta da Asociación Arelas, Cristina Palacios, e contará coa participación das escritoras Eva Mejuto e Iria Misa, que presentarán os seus últimos libros. A novela “22 segundos” e a obra finalista do Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil pola igualdade, “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”.
Por último, a edil indicou que desde o Concello “debemos apoiar e fomentar todas as iniciativas de sensibilización que promovan valores cívicos e o recoñecemento da diversidade sexual como valor social é un valor fundamental”, finalizou González.

Deja un comentario