+034 986 09 02 04 Luns 24 de Febreiro de 2020

O CONCELLO DE BUEU CONTRATARÁ 13 SOCORRISTAS PARA A TEMPADA ESTIVAL NAS PRAIAS


As persoas interesadas en participar deberán ser preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia
O Concello de Bueu contratará trece socorristas acuáticos para o servizo de salvamento nas praias con Bandeira Azul durante a tempada estival. As persoas interesadas terán que estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupadas e dispoñibles para o emprego, xa que este servizo fará a preselección.
Unha vez pasado este primeiro filtro, os candidatos e candidatas enfrontaranse a dúas probas: a primeira, de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá na realización dun exercicio de aptitude física a fin de comprobar a existencia da capacidade necesaria para as funcións que van desenvolver; e a segunda, será un cuestionario tipo test de vinte preguntas teóricas, tamén obrigatoria e eliminatoria.
O contrato será dun máximo de 3 meses e 37,5 horas semanais, e as funcións que deberán levar a cabo serán as de prevención de accidentes ou situacións de emerxencias, o rescate de persoas e o control da súa seguridade nos areais de Lapamán, Portomaior, Area de Bon e Lagos.
Este servizo está financiado con cargo a unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que o organismo autonómico achegará 62.400 € e o Concello, 6.217,65.

Deja un comentario