+034 986 09 02 04 Luns 24 de Febreiro de 2020

REMATADAS AS OBRAS PARA A MELLORA DA EFICIENCIA E SEGURIDADE DO ALUMEADO PÚBLICO NO BARRIO DE A PORTELA E NA RÚA ANTONIA TOVAR


Melloras no alumeado publico no Barrio de A Portela, Parroquia de Mourentán – Arbo donde as instalacións eran antigas con luminarias de tipo vapor de mercurio contaminantes, o cableado atopase deteriorado debido a súa antigüidade e non existe cadro xeral de protección nin módulo contador e na Rúa Antonia Tovar, no centro Urbano que tiña unha iluminación moi escasa

 

Con esta mellora pretendese un consumo enerxético adecuado, que dependerá do conxunto de factores indicados. As opcións analizadas foron:

-Deseño baseado en criterios de rendemento enerxético, limitando o uso de luminarias de baixo rendemento

-Mellora a eficiencia das fontes de luz, utilizando o tipo de lámpadas máis adecuadas para cada entorno.

-Revisar o estado de todas as partes pertencentes ás instalacións, con especial atención a instalación de clima, especialmente a soportes metálicos debido a súa maior deterioro.

-Revisión das conexións a terra das instalación, revisión das proteccións do bastidor segundo normativa

 

Según manifesta o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil esta actuación, tal e como se recolle na memoria técnica, tivo como finalidade o subministro de materiais nas solucións adoptadas para mellora da eficiencia enerxética das instalacións de alumeado público no Barrio de A Portela, parroquia de San Cristovo de Mourentán e na Rúa Antonia Tovar, no centro urbano. O rexedor informa que con esta medidas pretendese proporcionar unha iluminación de calidade durante as horas de uso, que depende da capacidade da luz artificial para reproducir sombras, formas e cores. A tecnoloxía dispoñible fai que canto máis nos acercamos ao obxectivo, os custos dos elementos luminosos e o consumo de enerxía aumenten proporcionalmente.

Deja un comentario