
A competición celebrarase do 6 ao 9 de xuño na capital alemana e Ferrón leva alí dende onte para someterse ás revisións pertinentes
O nadador do Club Natación Mos, Juan Ferrón, xa se atopa en Berlín para competir coa FEDC (Federación Española de Deportes para Cegos), sendo o único representante galego na mesma.
Entre os días 6 e 9 de xuño celébrase na capital alemana a Open International World Series de Natación Paralímpica á que Ferrón foi convocado pola FEDC para os 50 e 100 metros libres e os 50 e 100 metros bolboreta.
O nadador do Club Natación Mos viaxou xa onte ata Berlín para someterse a unha revisión que determine o seu encadre a nivel internacional.
O Concello de Mos súmase ás declaracións dedicadas a Ferrón polo seu club desexándolle que viva ao máximo esta gran experiencia así como moita sorte nesta competición na que lle auguran un gran papel.
Deja un comentario
Disculpa, debes iniciar sesión para escribir un comentario.