+034 986 09 02 04 Xoves 26 de Novembro de 2020

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE ESTE MÉRCORES O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS Á COMPRA DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO


Están dirixidas a alumnos de Educación Infantil de colexios públicos de Nigrán e empadroados no municipio, podendo obter unha contía máxima de 65 euros/neno

O Concello de Nigrán abre o prazo dende mañá mércores 5 de xuño ata o día 26 de xuño para solicitar axudas municipais á adquisición de libros de texto ou material escolar no curso 2019/20 (BOP 4 de xuño de 2019). Coma en anos anteriores, a contía máxima é de 65 euros por cada neno e mantense o requerimento indispensable de que os beneficiarios sexan unidades familiares empadroadas no municipio e con fillos matriculados en centros públicos de Nigrán en Educación Infantil no curso 2019-2020.
Os beneficiarios deben estar ao corrente do pago das taxas e impostos municipais e non superar o límite de recursos establecido. A documentación para presentar será: fotocopias do libro de familia completo, DNI dos pais, en caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador, xustificante de ingresos de toda a unidade familiar do exercicio 2018, recibo de aluguer ou de préstamo hipotecario, vidas laborais para os maiores de 16 anos, etc.
A solicitude realizarase no Departamento de Benestar Social do Concello de Nigrán mediante cita previa no teléfono 986.365.000.

Deja un comentario