+034 986 09 02 04 Luns 09 de Decembro de 2019

DÍA DA ÁRBORE EN ARBO


O C.E.I. P Antonio Carpinteiro e o Concello de Arbo organizaron múltiples actividades de concienciación para o alumnado sobre o coidado dos recursos forestais

 

A celebración do día forestal mundial levou a alumnos e profesores do colexio público de Arbo a relizar diferentes actividades para inculcar aos alumnos a imporancia de preservar o espazo natural. Estes actos son unha iniciativa conxunta do C.E.I. P Antonio Carpinteiro e o Concello de Arbo. Durante a xornada todo o colexio realizou unha andaina co fin de plantar árbores doadas polo Colexio Estudo de Chandebrito. Un centro que do mesmo xeito que o de Arbo sufriu moi de preto os incendios polos cales se iniciou unha campaña para cultivar moitas árbores autóctonas para reforestar as zonas máis castigadas, especialmente con plantacións de carballos, castiñeiros e piñeiros.

Un día diferente para os pequenos no que estiveron rodeados de natureza e lembraron a importancia que teñen as árbores para que poida existir vida no planeta, nomearon todo o que fai falta para que as árbores poidan crecer, explicóuselles como se planta e puideron comprobalo eles mesmos con sacho e utensilio en man. Neste ambiente de distensión e aprendizaxe estiveron acompañados pola concelleira de educación Mar Álvarez que participou activamente cos alumnos na plantación destes exemplares.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, afirmou que “esta iniciativa é un exemplo máis da estreita colaboración entre o noso colexio e o concello”, asegurando tamén que “estas actividades permiten que os nenos se divirtan e aprendan a través de accións tan diversas como esta, asimilando conceptos e habilidades importantes fora da aula de estudo”.

Deja un comentario