+034 986 09 02 04 Sábado 18 de Xaneiro de 2020

O CONCELLO DE CAMBADOS RECIBE UN GALARDON POLO NÚMERO DE DOAZÓNS DE SANGUE REALIZADAS


O recoñecemento ven de mans da Axencia Galega de Doazóns de Sangue e Tecidos

 

O próximo día 14 de Xuño, coincidindo co día mundial do doador de sangue, a Alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, recollerá en Santiago de Compostela esta meritoria distinción que outorga a Consellería de Sanidade, por medio da Axencia Galega de Doazóns de Sangue. Con este acto ven a recoñecerse a solidaridade e contribución dos veciños e veciñas de Cambados na doazón de sangue, que destaca entre municipios de toda Galicia, e do propio Concello pola súa contribución nas campañas de Doazón. Fátima Abal quere aproveitar a ocasión para amosar o seu orgullo pola actuación dos cambadeses e Cambadesas e ao mesmo tempo agradecerlles a súa colaboración e anímalos a seguir colaborando de xeito altruísta en salvar vidas alleas, así como reafirmar o compromiso do Concello de Cambados nesta tarefa.

 

Deja un comentario