+034 986 09 02 04 Mércores 03 de Xuño de 2020

O CONCELLO DE NIGRÁN ORGANIZA UN CURSO DE AUTODEFENSA DESTINADO A MULLERES


 

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un curso de autodefensa destinado a mulleres. O curso desenvolverase os días 19 e 26 de xuño no Pavillón deportivo de 9.30 horas á 13.30 horas. Terán preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Nigrán.
O período de inscrición comeza o día 5 de xuño e remata o día 17. A inscrición poderá realizarse presencialmente na Oficina de Atención Cidadá (no edificio do Concello), por teléfono (no número 986 365 000) ou por correo electrónico (no enderezo atencioncidada@nigran.org) para o que deberá remitirse o nome completo, DNI e teléfono de contacto. Admisión no curso realizarase por orde de inscrición.

Deja un comentario