+034 986 09 02 04 Mércores 03 de Xuño de 2020

A AULA MUNICIPAL DE MÚSICA CELEBRA ESTE DOMINGO O CONCERTO DE FIN DE CURSO


O acto terá lugar no Centro Social do Mar ás 19.00 h, con entrada de balde ata completar aforo
O Centro Social do Mar acolle o próximo domingo, 9 de xuño, o concerto de fin de curso da Aula Municipal de Música, que se celebrará ás 19.00 horas, e cuxo tema central será mostrar a evolución do alumnado destes anos.
O acto estará presentado polo actual concelleiro de cultura, Xosé Leal, e arrancará coa interpretación da “Marcha Turca” de Mozart a ritmo de muiñeira con coreografía infantil. Seguiranlle despois as actuacións do alumnado de piano básico e adulto e o de canto de adultos. Estes farán soar as recoñecidas cancións “Onde vas, ou Rosa”, un tema propio do Baixo Miño transfroiteirizo, e “Quen puidera namorala”.
A continuación, o alumno Iago López Caíño fará as delicias con catro pezas musicais tocadas no piano, concretamente “Pallasos”, “Danza delle Bambole”, de Shostakovich, “Darksaid” de Allan Walker e “Muvoli Evianci” de Ludovico Einaudi. Ao remate, como vén sendo habitual, terá lugar a entrega de diplomas.
Seguindo cos eventos musicais, ese mesmo día ás sete da tarde, a Escola Vella do Torrecino de Cela acollerá o XII Festival das Escolas Retrouso.

Deja un comentario