+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

GRAN INTERESE POLA OFERTA PRESENTE E 1.500 REUNIÓNS NOS ENCONTROS DE NEGOCIO DE SALIMAT ABANCA, AOS QUE ACUDIRON COMPRADORES DE 17 PAÍSES


OS 29 IMPORTADORES E DISTRIBUIDORES QUE PARTICIPARON NESTA EDICIÓN REUNÍRONSE CON MÁIS DE 130 EMPRESAS PRESENTES NO CERTAME

O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, o cal se celebra ata o domingo de forma paralela á 42ª Abanca Semana Verde de Galicia, acolleu 1.500 reunións de negocio nos seus Encontros Internacionais de Compradores. Superaron así as do ano pasado, cando foran algo máis de 1.440.

Estas reunións, que se desenvolveron onte durante todo o día e hoxe pola mañá, puxeron en contacto a máis de 130 empresas e entidades presentes no salón con 29 compradores alimentarios (un 16% máis que en 2018) procedentes de 17 países (un 21% máis). Foron de Alemaña, Australia, Bélxica, Colombia, China, Dinamarca, España, EE.UU, Holanda, Xapón, México, Noruega, Perú, Reino Unido, Rusia, Suíza e, por primeira vez no salón, Singapur.

Os compradores expresaron á organización o seu gran interese pola oferta alimentaria que coñeceron nos encontros, por tratarse de produtos de alta calidade e diferenciados. Así, moitas destas reunións abriron vías de negocio con grandes posibilidades de pecharse nas vindeiras semanas ou meses. Entre elas, a un comprador chino gustáronlle diversos produtos lácteos, un importado colombiano coñeceu viños con moitas opcións de facer negocio ou unha empresa canaria especializada en produtos galegos descubriu moitos e interesantes alimentos que pretende incorporar á súa carteira de produtos.

Estes Encontros Internacionais de Compradores de Salimat Abanca 2019, os cales contaron co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a colaboración do Clúster Alimentario de Galicia, convertéronse de novo nunha eficaz ferramenta comercial para abrir mercados tanto a nivel nacional como internacional.

Marisqueo e visita a empresas

Ademais de estar presentes nas reunións de negocio, o pasado mércores desenvolveuse unha xornada de actividade na que participaron a maioría de importadores e distribuidores.

Durante o día coñeceron unha adega e unha empresa de produtos cárnicos, ovos e derivados, ademais de descubrir o marisqueo a través de “Pesca das Rías”. Tamén visitaron o barrio mariñeiro de Santo Tomé, en Cambados.

Deja un comentario