+034 986 09 02 04 Venres 28 de Febreiro de 2020

OS EXEMPLARES BRÉTAMA DE LOIBA E JALISCO I GAÑAN O CONCURSO MORFOLÓXICO CABALO PURA RAZA GALEGA DA FEIRA ABANCA SEMANA VERDE 2019


PARTICIPARON 14 EXEMPLARES PROCEDENTES DE DISTINTOS PUNTOS DE GALICIA

Os exemplares Brétama de Loiba e Jalisco I foron, respectivamente, os gañadores das seccións de femias e machos do Concurso Morfolóxico Oficial Cabalo Pura Raza Galega, o cal se levou a cabo hoxe no marco da 42ª Abanca Semana Verde de Galicia.

En machos, ademais de Jalisco I, propiedade de Marcelino Freire, de Oza-Cesuras, foron recoñecidos co segundo posto Moreno III, de José Feneliño, de Ferrol, e co terceiro Neno I, de Juan Fontenla, de A Estrada.

En canto a femias, a gañadora, Bretema de Loiba , pertence a Miguel Ángel Pernas, de Ortigueira. O segundo e terceiro posto foron, respectivamente, para Dana e Támaga, ambas de Marcelino Freire.

No concurso, organizado pola Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga), participaron 14 exemplares desta raza autóctona en perigo de extinción procedentes de distinta localidades de Galicia.

Ximnasia acrobática sobre cabalos

Ao longo da xornada de hoxe o cabalo de pura raza galega foi tamén protagonista noutras propostas do programa da feira, organizadas pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, como unha exhibición de ximnasia acrobática sobre cabalos e traballos de doma de alta escola e unha clase práctica formativa sobre tratamentos dentais nos équidos desta raza.

Xa mañá, de man da mesma asociación e ofrecida por xentileza de Gadis, levarase a cabo unha exhibición de doma de alta escola, doma clásica e doma antiga á amazona.

Deja un comentario