+034 986 09 02 04 Domingo 12 de Xullo de 2020

O GRAN MESTRE DAVID LARIÑO REPITE COMO GAÑADOR DO OPEN DE XADREZ ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA


A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal pechou as súas portas, acolleu  o II Open de Xadrez Abanca Semana Verde de Galicia, no cal venceu o coruñés, de Muros, David Lariño, Gran Mestre de Xadrez. Este xadrecista fora xa o gañador da pasada edición. O segundo posto foi para o tamén Gran Mestre Arián González, cubano afincado en Galicia, e o terceiro para o Mestre FIDE galego Óscar de Prado.

Os participantes nesta competición, que foron tanto galegos como dotros puntos de España, sobrepasaron o centenar. Á entrega de premios acudiu o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e varios patrocinadores do evento.

Deja un comentario