+034 986 09 02 04 Venres 30 de Outubro de 2020

A XUNTA REMATA A SENDA PEONIL EN SAN MIGUEL DE TABAGÓN, NO ROSAL, CO FIN DE MELLORAR A MOBILIDADE DOS VECIÑOS DA CONTORNA


Esta actuación contou cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de construción dunha senda peonil en San Miguel de Tabagón, no Concello do Rosal.

O itinerario, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, conta cunha lonxitude de 430 metros e desenvólvese no vial que cruza sobre a vía de altas prestacións Tui-A Guarda, dende a subida ao Niño do Corvo ata a estrada de Morán.

Esta senda dá continuidade á proxectada pola Deputación de Pontevedra na estrada provincial EP-3302 ata a vía que vai a Morán, conectando así os núcleos de San Miguel de Tabagón e Valdemiñotos.

Esta actuación acometeuse con formigón coloreado, salvo no tramo correspondente ao paso superior sobre o CG-4.2, no que se estendeu un microaglomerado.

Tamén se colocou un colector para a recollida das augas de drenaxe e unha canalización para a preinstalación de alumeado.

Deja un comentario