+034 986 09 02 04 Xoves 03 de Decembro de 2020

OS POPULARES DE NIGRÁN ENTREGAN 13 ROSAS AO ALCADE SOCIALISTA NA TOMA DE POSESIÓN


O líder da oposición, Carlos Abal, felicita a Juan A. González cun ramo e advírtelle que farán unha oposición seria e responsable en beneficio de todos os veciños de Nigrán

 

O Salón de Actos municipal albergou hoxe a toma de posesión da corporación de Nigrán, cos populares como único partido na oposición. No transcurso do acto, os populares felicitaron unha vez máis ao Alcalde socialista, Juan A. González, e fixéronlle coa entrega dun simbólico ramo de 13 rosas vermellas.

Como non pode ser doutro xeito, o Partido Popular de Nigrán respecta a decisión dos veciños de Nigrán que debuxou a actual corporación. Pola súa banda, o líder da oposición, Carlos Abal, sinalou ao alcalde que, a pesar da maioría socialista, o grupo popular traballará duro e con responsabilidade desde a oposición sempre en beneficio de todos os veciños do municipio, sen excepción e con independencia da súa cor política”.

Neste sentido, o líder popular lembrou que o alcalde socialista xa non ten escusas para non xestionar de forma correcta e responsable a administración local, “Espero, polo ben do municipio e do seu futuro, que Juan A. González asuma coa responsabilidade que merece ser o máximo responsable do concello, e estaremos vixiantes para que así sexa”, engadiu.

Deja un comentario