+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

Mozos e maiores mosenses celebran o Día Mundial da Radio sendo locutores e técnicos radiofónicos por unhas horas


A actividade, desenvolvida pola concellería de Educación e Participación Cidadá, levouse a cabo nas instalacións da radio municipal, Radio Mos

Celébrouse o Día Mundial da Radio e o Concello de Mos conmemórao mediante a iniciativa ‘Coñece a Radio Municipal’ dirixida a dous colectivos: o alumnado de 3º da ESO e os maiores mosenses.

Esta mesma mañá estudiantes de terceiro curso de Ensinanza Secundaria Obrigatoria do Colexio Lar visitaron a radio municipal, Radio Mos, acompañados pola concelleira de Educación e Participación Cidadá mosense, Kely Monzón, e polo edil de Formación e Emprego, Óscar Soto.

Respecto desta actividade, a concelleira responsable da mesma, Kely Monzón, declarou que “as novas tecnoloxías e os medios de comunicación son un dos eixes centrais na nosa sociedade hoxe en día, a través de eles recibimos a maioría da información que nos chega e é o noso labor empregalos como recurso ineludible para traballar con rapaces e rapazas diferentes contidos, apoiándonos nas facilidades que estes nos aportan. A radio en concreto é un medio estupendo para desenvolver múltiples habilidades pero tamén para desenvolver valores fundamentais entre os nenos e nenas e para motivar ós nosos maiores”.

Respecto da visita en concreto do alumnado de 3º da ESO á radio municipal, Radio Mos, que ten a súa sede nas instalacións da Axencia de Colocación, a edil Kely Monzón explicou que “dende esta concellería de Educación e Participación Cidadá consideramos de gran interese valorar a posta en marcha do novo recurso informativo e comunicativo co que contamos na localidade e que é a radio municipal, facilitando ós estudiantes de Educación Secundaria de Mos a posibilidade de asistir ás súas instalacións, e colaborar nun dos seus programas en directo cos obxectivos de darlles a coñecer o traballo que se realiza dende a radio municipal de Mos, achegalos a un medio de comunicación, amosarlles os beneficios que aporta a radio ó alumnado que participa e escoita este medio, e fomentar neles valores como o compañerismo, o traballo en equipo, o coñecemento da nosa lingua e as relacións interpersoais”.

Esta actividade matinal estivo dividida en dúas partes: a primeira de visita ás instalacións da Radio Municipal e presentación do equipo que traballa nela, así coma explicación da metodoloxía de funcionamento dun programa radiofónico diario; e a segunda de grabación dun programa-debate creado polo propio alumnado participante na actividade. Neste debate a metade do grupo debeu defender a perspectiva positiva dos medios de comunicación, e a outra metade, a perspectiva negativa dos medios de comunicación. Tiveron ademais que realizar unha conclusión final en función das ideas que xurdiron no debate, e deste xeito pechar a grabación.

Maiores

Por último os maiores mosenses puideron tamén coñecer esta mañá a radio municipal de Mos, Radio Mos, a partir das 11.00 horas. Desta actividade dirixida á terceira idade do Concello puideron beneficiarse os maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55 anos, tendo preferencia os empadroados en Mos.

Deja un comentario