+034 986 09 02 04 Luns 06 de Xullo de 2020

O Concello de Ponteareas continua colaborando na adecuación e mellora dos centros culturais do municipio


O Concello de Ponteareas vén de colaborar co Centro Cultural de Cillarga na mellora e adecuación do seu centro e, así, en pasadas datas, o alcalde, Salvador González Solla, a concelleira de Facenda, Belén Villar González, e o edil de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, reuníronse cos veciños do barrio de Cillarga, en Ribadetea, para comprobar o remate das obras acometidas de mellora e adecuación do seu centro cultural. As obras levadas a cabo polo Concello de Ponteareas consistiron na acometida de traballos de pintado de fachada e colocación de pedra no exterior, así como coa dotación de mobiliario novo, como mesas e cadeiras. Pola súa banda, os veciños procederon á construción dun anexo onde situaron un asadoiro.

Ao mesmo tempo, manifestaron o compromiso do goberno local de seguir colaborando cos veciños de Cillarga para a futura construción no centro cultural dun porche de entrada, así como para a sinalización e pintado interior.

O concello seguirá, como vén facendo desde hai varios anos, colaborando cos centros culturais cos gastos de funcionamento e mantemento, así como fomentando e impulsando as actividades culturais, musicais e formativas que estes desenvolven dentro do seu ámbito de actuación.

Deja un comentario