+034 986 09 02 04 Luns 01 de Xuño de 2020

O ALCALDE DO CONCELLO DE ARBO COMPROBA O REMATE DAS OBRAS DE RESTAURACIÓN DE LAVADOIROS E FONTES


O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil Exposito, comproba o remate das obras en distintas parroquias do Concello de Arbo
O Concello de Arbo tramitaba o expediente de “Restauración de lavadoiros e fontes”, tras acordo de concesión de subvención ao Concello de Arbo no Plan Concellos 2018-2019 – Anualidade 2019 pola Deputación Provincial de Pontevedra. Orzamento: 20.650,00 € (IVE incluído).
As melloras a realizar tiveron lugar nos Lavadoiros e Fontes de As Valiñas-Sela, O Perneiral – Cabeiras, Urzal- Barcela, Merelle-Cabeiras. Con estas actuacións procedeuse a restaurar e poñer en valor os lavadoiros e fontes de tal forma que se integren mellor no entorno rural. As obras proxectadas son a limpeza, restauración, revestimento, encintado ou pintado según o caso, pavimentacións en recollida de augas, melloras de aceso e limpeza da parcela donde esta ubicado a fonte ou lavadoiro e recuperación de fontes de ser o caso
Según manifesta o alcalde do Concello de Arbo, os lavadoiros forman parte da cultura popular de Arbo e os Arbense, anos atras, os lavadoiros construccións populares preto das fontes e de uso colectivo, eran lugares aos que os veciños e veciñas do lugar acodían a lavar a roupa nun acto social e colectivo. Este goberno ten entre as súas propostas nos proximos 4 anos a recuperación do patrimonio historico e cultural deste Concello.

Deja un comentario