+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

ANDRÉS DÍAZ APROVÉITASE DA SÚA MAIORÍA ABSOLUTA PARA SUBIRSE O SOLDO ATA OS 42.700 EUROS E DUPLICA-LOS GASTOS DESTINADOS AO SEU GABINETE PERSOAL


  • Gastará 53.000 euros nun técnico de coordinación do gabinete de Alcaldía e comunicación, outros 36.000 euros na dedicación parcial dunha concelleira, manterá os gastos da coordinadora de excursións e actividades lúdico-gastronómicas e os concelleiros socialistas da Comisión de Goberno cobrarán máis que os de Pontevedra e recibirán ao mes entre 596 e 745 euros

  • Elimina a Comisión de Urbanismo e Transparencia e redúcelle a asignación aos grupos municipais de 1.500 a 1.000 euros anuais.

  • Terá un custe anual de 192.000 euros, é dicir, 768.000 euros en toda a lexislatura (uns 127 millóns de pesetas), que provocou a sorpendente abstención no Pleno da número 2 de Andrés Díaz.

O pleno organizativo celebrado esta mañá en Ponte Caldelas serviu para escenificar-la aplicación do rodillo da maioria absoluta do PsdeG-PSOE para que o alcalde Andrés Díaz se suba o soldo dos 37.000 euros que cobraba antes aos 42.700 actuais, máis o custe da Seguridade Social (13.899 euros, é dicir, uns 57.000 euros) así como para duplicar na práctica os custes que para os cidadáns de Ponte Caldelas terá o funcionamento do grupo de goberno que ascenderán a uns 192.000 euros por ano, é dicir, 768.000 euros en toda a lexislatura.

 

Por outra banda, a nova maioría absoluta saída das pasadas eleccións permitirá a Andrés Díaz elimina-la Comisión de Urbanismo e Transparencia creada polo tripartito e que agora suprime co fin de que sexa o alcalde quen conceda directamente, e por decreto, as licencias municipais e sin revisión por parte dos membros da oposición. Asemade, os órganos de representación e comisións informativas quedan reducidas á mínima expresión pasando a repartir a representación entre 5 concelleiros (3 do PsdeG-PSOE, 1 do PP e 1 do BNG), contravindo o modelo que se viña facendo anteriormente para facilita-la participación da oposición no labor de fiscalización e control da acción de goberno.

 

Asemade, as asignacións anuais aos grupos políticos redúcense considerablemente pasando de 1.500 euros ao ano a tan so 1.000 e, pola contra, primando a indemnización por concelleiro de 50 a 200 euros anuais o que lle permitirá ao grupo socialista facerse con 2.600 euros fronte aos 1.600 do PP e aos 1.400 do BNG.

 

149 EUROS SEMANAIS PARA CADA MEMBRO DA COMISION DE GOBERNO, MÁIS QUE A ASIGNACIÓN DUN CONCELLO DUNHA GRANDE CIDADE COMO PONTEVEDRA

 

Para os concelleiros do Partido Popular resúltalles chocante tamén o feito de que se aumente a asignación por asistencia semanal á Comisión de Goberno de 80 a 149 euros, máis que unha grande cidade como Pontevedra que a ten fixada en 140 euros. Así, un membro do equipo de goberno que participe semanalmente neste órgano de goberno municipal recibirá entre 596 euros, nos meses de catro semanas, e 745 euros no dos cinco semanas.

 

UN CUSTE ANUAL DE 192.000 EUROS, É DICIR, 768.000 EN TODA A LEXISLATURA (UNS 127 MILLÓNS DE PESETAS) QUE PROVOCOU A SORPRENDENTE ABSTENCIÓN DA NÚMERO 2 DE ANDRÉS DÍAZ

 

De tódolos xeitos, a decisión máis controvertida foi a de aumentar substancialmente o gasto no gabinete persoal do alcalde Andrés Díaz onde crea a figura do técnico de coordinación do gabinete de Alcaldía, dotado con 53.000 euros, máis que o que viña cobrando ata o de agora o rexidor, unha concelleira con dedicación parcial, Leticia Rocha, que cobrará 27.000 euros (máis 8.789 de Seguridade Social, é dicir uns 36.000 euros), ademais de seguir contando coa contratación como asistencia técnica dunha persoa para coordinación de excursións e actividades lúdico-gastronómicas a cal ten presentado xa facturas por importe de 1.500 euros mensuais o que supón un investimento anual duns 18.000 euros.

 

En resumo, a acción de goberno do Partido Socialista suporalle ao erario público do Concello de Ponte Caldelas uns 192.000 euros anuaiso que ven a supor uns 768.000 euros en toda a lexislatura, unha cifra desorbitada para un concello de 5.500 habitantes e moi por enriba do gasto habitual dos concellos similares da contorna.

 

Como dato anecdótico hai que sinalar que a número 2 da lista de Andrés Díaz, Pilar Couto Seone, abstívose ante a sorpresa dos presentes en todos e cada un dos temas relacionados con ese aumento e reparto de emolumentos do grupo de goberno.

Deja un comentario