+034 986 09 02 04 Sábado 15 de Agosto de 2020

O CONCELLO ABRE A TEMPADA DE BAÑO DE VERÁN COA APERTURA DAS PISCINAS MUNICIPAIS, QUE INCLUIRÁN NOVAMENTE CURSOS DE NATACIÓN


O recinto, que se atopa en perfectas condicións, abrirá de 10.00 a 14.00 de luns a venres e de 16.00 a 20.00 todos os días ata o 15 de setembro

 

O Concello de Moraña acaba de iniciar, na xornada de hoxe, a tempada de baño do presente verán coa apertura das piscinas municipais, que permanecerán en funcionamento ata o 15 de setembro e que completarán a súa oferta lúdica cos habituais cursos de natación en quenda de mañá.

O recinto, que se acondicionou nas últimas semanas e que se atopa en perfectas condicións para a campaña estival, manterá o seu horario habitual de apertura de
10.00 a 14.00 de luns a venres –unha quenda que se orienta principalmente á
realización dos citados cursos– e de 16.00 a 20.00 horas todos os días da semana.

O Concello vai manter as taxas de acceso, que están fixadas en 90 céntimos para os adultos e 45 para os menores. No caso dos cursos de natación, o custo tamén permanece estable en 21,04 euros mensuais e o seu formato será o habitual con catro quendas pola mañá, arrancando ás 10.00 horas, para desenvolver sesións de 45 minutos. A inscrición está aberta nas propias instalacións e tamén pode recabarse información na Casa da Cultura.

A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, explicou que a piscina “é un dos servizos municipais para o lecer da nosa veciñanza máis empregados e estamos moi satisfeitos das nosas instalacións, polo que agardamos que os morañeses e tamén visitantes doutros municipios gocen das 88 xornadas ininterrompidas nas que
permanecerán abertas”.

Deja un comentario