+034 986 09 02 04 Venres 05 de Xuño de 2020

REGADES: “FÍXOSE XUSTIZA, FOI VIOLACIÓN”


O secretario xeral provincial mostra a súa satisfacción ante a sentenza que condena a ‘La Manada’ a 15 anos de cárcere
David Regades mostrou esta tarde de venres a súa satisfacción ante a condena definitiva aos cinco de ‘La Manada’ ditada polo Tribunal Supremos e que supón 15 anos de cárcere para cada un deles. “Fíxose xustiza, foi violación”, exclamou o secretario xeral das e dos socialistas da provincia
Regades lembrou así os berros que percorreron as rúas de toda España tras a primeira sentenza, que condenaba aos cinco acusados por un delito de abuso e non violación, o que provocou unha reacción liderada polas feministas e á que se uniu unha gran parte da sociedade.
“Esta condena demostra que só si é si”, explicou o máximo dirixente do partido na provincia. “A xustiza vén de recoñecer deste xeito o que levan reclamando desde os movementos feministas desde fai longo tempo, que o consentimento ten que ser explícito e que a falta de resistencia ante unha violación responde á vontade de supervivencia e non de consentimento”, tal e como recolle a sentenza ditada este venres polo Tribunal Supremo. “Hoxe hai cinco indesexables menos na rúa”, finalizou Regades, “e unha sensación na sociedade de que a xustiza funcionou”.

Deja un comentario