+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

UN TOTAL DE 14 EMPRESAS PRESENTAN AS SÚAS OFERTAS PARA EXECUTAR A MELLORA DE FIRME EN SEIS ESTRADAS AUTONÓMICAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, CUN INVESTIMENTO DE CASE 1 MILLÓN DE EUROS


Intervirase en varios tramos de vías autonómicas, nos concellos de Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Covelo, A Cañiza, Ponteareas, Salvaterra do Miño, Mondariz, Pazos de Borbén e Soutomaior
Un total de 14 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora do firme en seis estradas da provincia de Pontevedra, cun investimento de case 1 millón de euros.

Os traballos proxectados levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-255, PO-403, PO-252, PO-261, PO-262 e PO-244, ao seu paso polos concellos de Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Covelo, A Cañiza, Ponteareas, Salvaterra do Miño, Mondariz, Pazos de Borbén e Soutomaior

As actuacións consistirán no fresado e a reposición do firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada.

Ademais, executaranse unha serie de medidas complementarias na PO-255, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19+980 e 23+250, de Ponte da Cereixa a Barcias, onde se colocarán varios treitos de barreiras de seguridade. E na estrada PO-244 executaranse tres pasos peonís sobreelevados, no punto quilométirco 2+170, en Ponte Caldelas, e nos 9+910 e 12+440, no Concello de Soutomaior.

Con estas intervención a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas

Deja un comentario