+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019

O CEIP DE TENORIO PECHA O CURSO COA ESTREA DO SEU DOCUMENTAL “ARREDOR DO DÍA” DO PROGRAMA CINEMA EN CURSO


A difusión deste traballo complementouse coa presentación do traballo fotográfico “A pel do bosque”

O CEIP de Tenorio vén de pechar o presente curso académico coa estrea en público do seu documental “Arredor do día”, pertencente ao programa Cinema en Curso, que se leva desenvolvendo dende hai algún tempo e que, deste xeito, completa unha nova edición grazas ao financiamento por parte do Concello de Cerdedo-Cotobade.

Esta actividade foi presentada nun acto multitudinario celebrado no Auditorio do Centro Cultural de Cerdedo, que ateigouse de público para coñecer este documental e tamén o proxecto fotográfico “A pel do bosque”, tamén realizado nestes meses polos rapaces de Tenorio.

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, valorou moi positivamente estas iniciativas “xa que demostran que os nosos colexios están á vangarda en materia educativa e forman aos nosos cativos non só nas materias regradas senón tamén noutras disciplinas moi interesantes que son fundamentais para que teñan a formación máis ampla posible”.

O rexedor destacou o dinamismo do CEIP de Tenorio, que xa acadou numerosos premios e distincións en iniciativas audiovisuais e doutra índole, e louvou “as grandes inquedanzas da súa comunidade educativa para facer cada día mellor o traballo máis importante que hai, que é converter aos nosos cativos en boas persoas”.

Deja un comentario