+034 986 09 02 04 Luns 18 de Decembro de 2017
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Os concellos teñen ata o 16 de marzo para solicitar á Deputación axudas para financiar os servizos sociais comunitarios


O financiamento do persoal complementario farase en función da categoría profesional e da xornada e oscilará entre os 4.000 e os 18.000 euros

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar as bases que regulan o plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais, polo que os concellos interesados en beneficiarse destas achegas poderán presentar as súas solicitudes desde mañá e ata o vindeiro 16 de marzo.
A Deputación aporta 2 millóns para financiar este servizo nos concellos de menos de 20.000 habitantes. Financia o Servizo de Axuda a Domicilio (SAF) básico, así como a contratación de personal técnico dos equipos municipais de Servizos Sociais Comunitarios con perfiles profesionais diferentes e complementarios ao do profesional de referencia.
A contía das achegas varía en función dos servizos que cada concello desenvolva e cubre tanto o servizo de axuda no fogar (recursos humanos e materiais) como o custe salarial dos profesionais que traballan nos servizos sociais municipais distintos do traballador social.
No caso do servizo de axuda no fogar, a contía das achegas varía entre os 9.000 euros e os 38.000 euros, e ten por obxecto tanto o pagamento dos custes salariais do persoal que traballa nestes servizo como do material necesario para prestalo.
En canto á contía máxima que a Deputación destinará aos concellos para o financiamento dos custes salariais do persoal complementario ao traballador social, as bases establecen contías en función da xornada laboral e da categoría profesional do traballador.
Estas contías oscilan entre os 4.208 euros dun limpador a media xornada ata os 18.062 dun titulado superior a xornada completa.

Deja un comentario