+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN PON EN MARCHA A CAMPAÑA DE REHABILITACIÓN DE FIRMES DE VARIAS ESTRADAS PROVINCIAIS NO DEZA-TABEIRÓS


Os traballos inclúense no Plan de Conservación de Firmes do departamento de Mobilidade, cun orzamento de máis de 1.120.000 euros para a zona

A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Mobilidade, comezará a realizar nestes días as obras de saneo do firme de varias estradas provinciais dentro dos concellos de Lalín e Rodeiro. Concretamente actuarase na EP-6206 Portela-Pescoso, no Concello de Rodeiro, e na EP-6005 Prado-Bodaño dentro do municipio de Lalín. Segundo explica o deputado Uxío Benítez, estas obras están enmarcadas dentro do Plan de Conservación de Firmes plurianual que continuará segundo a planificación e cronograma establecido para a campaña de 2019 no Deza-Tabeirós e deberán estar finalizadas a finais do verán.

O obxecto destas actuacións no Deza-Tabeirós é realizar as obras de reparación necesarias para mellorar a seguranza viaria. O persoal provincial do departamento de Mobilidade detectou nas súas inspeccións que nalgúns puntos destas estradas había fochancas ou algunhas fendas será preciso proceder ao fresado da calzada, para posteriormente repoñer a capa de rodadura e aplicar capas de tratamento antiescorregadizo. Estes traballos, segundo está previsto, realizaranse en fases, para finalmente repoñer a sinalización horizontal (liñas lonxitudinais, , símbolos e frechas na calzada).
Coa mellora destes firmes continúanse as actuacións do 2019 ao abeiro do novo modelo de conservación de firmes da Deputación na zona do Deza-Tabeirós, xa que durante as pasadas semanas se realizaron algúns traballos previos. A fórmula do contrato marco para a reparación das estradas supón unha xestión máis áxil que a anterior para realizar obras puntuais e urxentes nas vías de titularidade provincial ao detectar deficiencias por parte dos vixiantes provinciais. Os proxectos de actuación son sempre puntuais, acoutados a un treito concreto e xustificados, e en ningún caso se mellora a totalidade da lonxitude dunha estrada, xa que esa actuación requiriría dun proxecto completo e doutro procedemento administrativo.
O Plan de Conservación de firmes divide a provincia en cinco zonas nas que cinco empresas diferentes son responsables das obras. A ‘zona C’ abarca as estradas situadas nos concellos de Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada, Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Forcarei e Cuntis cun investimento de licitación de 1.120.051,36. O orzamento chega ata os 4,4 millóns de euros para toda a provincia.

 

ESTRADAS CAMPAÑA CONSERVACIÓN DE FIRMES 2019 DEZA-TABEIRÓS
LALÍN
EP-6001 LALÍN – BOTOS – GRESANDE
EP-6005 PRADO – BODAÑO
EP-6009 LALIN – RODO – BRANTEGA
DOZÓN
EP-6104 CASTRO – DOZON – SAA – ROCHA
EP-6106 MACEIRAS – ALVARELLOS
RODEIRO
EP-6201 RODEIRO – VILELA
EP-6206 PORTELA – PESCOSO
AGOLADA
EP-6306 AGOLADA – CRUCES
SILLEDA
EP-6509 ESCUADRO – SILLEDA
A ESTRADA
EP-7010 FOXO – RIOBO
CERDEDO-COTOBADE
EP-7101 CERDEDO – A PORTELA

Deja un comentario