+034 986 09 02 04 Xoves 05 de Decembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

MOS ASINA UN CONVENIO COA DEPUTACION NO QUE ACADARÁ UN AFORRO ENERXETICO DUN 61%


Levouse a cabo a sinatura do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Mos para levar a cabo as actuacións recollidas no proxecto do IDAE denominado “Iluminación Exterior sostible III” (FEDER –EELL-2019-000-498), que conta co financiamento do 80 % do FEDER. O noso Concello estivo representado polo Alcalde accidenteal Camilo Augusto Martinez e o Concelleiro Gonzalo Alonso Táboas, responsable das áreas de alumeado e eficiencia enerxética e recollida de residuos.

Neste proxecto, cun orzamento total de 44.378,72 €, están incluídas as actuacións de substitución de 101 puntos de luz existentes e das actuáis luminarias por lumninarias LED máis eficientes nas seguintes zonas : Avd de Sanguiñeda, Avda. de Puxeiros (zona norte bilaterais), Avda. de Puxeiros (zona norte Tresbolillo), Rúa Ludeiro, Rúa Brea ( aparcamento zona sur) e rúa Brea.

Que as actuaciones que se van a levar a cabo son:

– Substitución das lámparas actuáis por outras máis eficientes de tecnoloxía LED

– Substitución de luminarias por outras con maior rendemento e lámparas de menor potencia de tecnoloxía LED

– Substitución de balastros electromagnéticos por electrónicos

– Instalación de reloxos astronómicos como sistema de control da iluminación en horarios nocturnos,cando sexa necesario.

– Instalación de sistemas de regulación de fluxo luminoso mediante pre-programación da luminaria

– Redu ción do consumo da enerxia eléctrica da instalación reformada, en polo menos, un 30 %.

O obxectivo, é conseguir un aforro enerxético estimado dun 61 %.

Deja un comentario