+034 986 09 02 04 Venres 13 de Decembro de 2019

A DEPUTACIÓN VALIDA O PLAN DE MOVILIDAD SUSTENTABLE DE PAZOS DE BORBÉN


O plan expón o reforzo da conexión coas parroquias e a mellora de espazos en Amoedo, Pazos e Moscoso

A Deputación de Pontevedra acaba de remitir o seu informe favorable ao Plan de Movilidad Sustentable realizado polo Concello de Pazos de Borbén. O documento será presentado #ante o pleno municipal para a súa aprobación final nas próximas semanas e entrará en vigor este mesmo ano para que o consistorio poida contar co apoio económico da Deputación e do IDAE en futuras actuacións sobre o espazo público.
A iniciativa pretende servir como ferramenta de planificación estratéxica do termo municipal sobre a que logo desenvolver accións que fomenten unha mobilidade máis ecolóxica e respectuosa co medio ambiente.
O documento contempla a consideración dos núcleos de Amoedo, Nespereira, Pazos e Moscoso como áreas urbanas do seu estudo pormenorizado. Sobre elas, o plan contempla diversas propostas de mellora do espazo público como a creación dunha glorieta en Amoedo, a recuperación do “Campo dá Feira” en Moscoso e a humanización do contorno do colexio e o centro de saúde en Pazos.
O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, destacou que, coa aprobación deste plan, o goberno local comeza a cumprir os obxectivos marcados no seu programa electoral e a “recuperar o tempo perdido” tras o bloqueo da oposición durante o mandato pasado. “Xa non podemos recuperar os 300.000 euros que perdemos cando a oposición rexeitou executar estas melloras, pero polo menos agora podemos garantir que as levaremos adiante”, explicou Iglesias.
A nivel territorial o plan incide na importancia de mellorar a conexión do municipio con Redondela e a mellora da estrada de Nespereria ( EP-2702), especialmente mentres non leve a cabo o proxecto da AP-57 que melloraría notablemente a conexión de Pazos co resto de municipios. Do mesmo xeito, o plan sinala a importancia de continuar as conexións entre parroquias con senllas peonís e ciclistas, como as existentes entre Moscoso e Xunqueiras e entre Amoedo e Pazos, coa ampliación desta última ata Moscoso.
O documento, unha vez aprobado polo pleno municipal, servirá como folla de roteiro para o desenvolvemento do concello durante os próximos anos garantindo unha correcta orientación de todas as actuacións municipais sobre os espazos públicos e sobre as vías de comunicación que unen Pazos de Borbén co resto de municipios da comarca.

Deja un comentario