+034 986 09 02 04 Sábado 11 de Xullo de 2020

A DEPUTACIÓN TINGUE DE VERDE DESDE ESTA NOITE O PAZO PROVINCIAL CON MOTIVO DO  DÍA INTERNACIONAL DA XORDOCEGUEIRA


 

A institución provincial súmase aos actos do Día Internacional das Persoas Xordocegas, que conmemorase mañá xoves en honor ao nacemento da intelectual e activista Helen Keller
A Deputación de Pontevedra conmemorará o Día Internacional da Xordocegueira iluminando de verde o Pazo Provincial desde as 22.30h deste mércores 26 de xuño ata a mañá do venres 28. Así, a institución provincial súmase á iniciativa promovida por XOGA (Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia) e cuxo obxectivo é visibilizar ás persoas xordocegas, que en España son arredor de 6.000.

O Día Internacional da Xordocegueira conmemora o nacemento de Helen Keller, destacada intelectual e activista dos dereitos das persoas con diversidade sensorial. Keller deu a coñecer internacionalmente a xordocegueira e demostrou a importancia de dispor de profesionais que proporcionen o soporte comunicativo e asistencial indicado para as persoas xordocegas.

A “declaración das necesidades básicas das persoas xordocegas” (Estocolmo, 1989) estableceu, durante a Cuarta Conferencia Mundial Hellen Keller, que a xordocegueira non é unha cegueira con sordeira adicional nin tampouco xordeira con cegueira adicional senón que é unha diversidade sensorial diferente que exixe servizos especializados. Esta declaración tamén marca o propósito de divulgar e concienciar a todos os medios de comunicación do mundo sobre a existencia da xordocegueira e os problemas que expón.

Durante estes días tamén está a celebrarse a Semana Internacional da Xordocegueira. A través dela a Deputación de Pontevedra colabora con XOGA para a organización de «A Santiago pola Xordocegueira», actividade que ofrece a posibilidade de realizar os últimos 100km do Camiño Portugués pola costa.

Deja un comentario