+034 986 09 02 04 Sábado 11 de Xullo de 2020

O CONCELLO DE MOS RETIRA OS BLOQUES DE FORMIGÓN QUE IMPEDÍAN O PASO NO CAMIÑO DO ANTIGO TRANVÍA EN SANGUIÑEDA


Tras as denuncias veciñais sobre a existencia dunhas vigas de formigón que obstaculizaban e impedían o paso e a circulación tanto de vehículos como de peóns, nun treito sen pavimentar do camiño existente entre a “Discoteca a Reina” e a N-550. De oficio o Concello acordou iniciar expediente investigando primeiramente para tratar de determinar a titularidade do camiño, denominado Camiño do “Antigo Tranvía”, para a continuación ordenar a retirada inmediata do material e proceder, coa colaboración da Policía Local, a incoar o conseguinte expediente sancionador. “Que conste alto e claro que imos defender o patrimonio municipal e que sempre estaremos ao lado dos veciños” manifestan tanto o Alcalde en funcións, Camilo Augusto Martínez, como o Concelleiro de Urbanismo e Patrimonio , Alberto Méndez, presentes no lugar.

Deja un comentario