+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019

A OMIX E A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE POÑEN EN MARCHA O PROXECTO”A LAMA PASO A PASO”


Trátase dunha iniciativa de boas prácticas para a dinamización e o desenvolvemento dos mozos no rural a través de obradoiros e saídas para aprender nocións básicas relacionadas co patrimonio natural do municipio e o sedeirismo

 

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) pon en marcha o proxecto “A Lama paso a paso”, unha iniciativa de boas prácticas para a dinamización e o desenvolvemento dos mozos no rural que está financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

Esta inciativa permite a tódolos participantes dun xeito gratuíto adquirir novos coñecementos e compartir experiencias relacionadas co patrimonio natural do municipio e o sendeirismo.

O proxecto contempla unha serie de actividades adicadas específicamente para que xóvenes e maiores compartan obradoiros e saídas para aprender nocións básicas de aplicacións destiñadas ao esparcemento no medio natural coma Google Maps, Wikiloc, Geocaching, Marcaxe e Sinalización, Cartografía, Brúxulas, Apps para móviles coma GPS Status, Geo Tracker.

Os participantes aprenderán a facer e traballar con compás, arcos, tirapedras, así coma o coñecemento das rutas máis emblemáticas do municipio. Tamén terán tempo para coñecer e compartir ideas e experiencias con clubes de natureza e blogs para sendeiristas.

O Concello da Lama pon en marcha deste xeito unha cita informativa e formativa para a xuventude e demáis veciños que promociona os valores medioambientais, paisaxísticos e culturais do municipio, ocupándose sempre de potenciar comportamentos e actitudes positivas entre os máis xóvenes.

As actividades ao aire libre realizaránse nos vindeiros meses de xullo e agosto no concello, realizando diferentes rutas, encontros e actividades.

Os interesados en participar nesta iniciativa poden dirixirse á OMIX de A Lama, en Avda. do Concello nº 3-36830 A Lama ou poñerse en contacto chamando ao Telef. 986 76 82 38 (ext.4).

Deja un comentario