+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CAMPAMENTOS URBANOS DE REDONDELA


De cara a facilitar que as persoas interesadas poidan inscribir aos seus fillos e fillas, o prazo para formalizar dita inscrición amplíase ata o 12 de xullo

O Concello de Redondela anunciou hoxe a ampliación do prazo de inscrición para participar nos Campamentos Urbanos que se desenvolverán durante o mes de agosto. O prazo, que inicialmente remataba o día 4 de xullo, amplíase ata o 12 de xullo.
O campamento urbano, que desenvolverá as súas actividades nas inmediacións do palco da música da Alameda de Redondela entre as 9 h e 14 horas, está dirixido aos nenos e nenas con idades comprendidas entre 4 e 12 anos. Cómpre salientar que tamén poden inscribirse os cativos e cativas que, sendo menores de 4 anos, os cumpran dentro das quendas solicitadas para participar.
Os campamentos urbanos desenvolveranse do 5 de agosto ao 9 de agosto, do 12 de agosto ao 16 de agosto (excepto o 15 festivo), do 19 de agosto ao 23 de agosto e do 26 de agosto ao 30 de agosto e ofertarán 30 prazas por quenda outorgándose por rigorosa orde de entrada das solicitudes no Rexistro do Concello.
Os interesados e interesadas poden descargar o formulario de inscrición dende a web do Concello de Redondela –www.redondela.gal– onde tamén poderán consultar as normas polas que se rexerá esta actividade.

Deja un comentario