+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

A EOXI DE PONTEVEDRA E O SALNÉS AVALA E AGRADECE OS SERVIZOS DIRECTIVOS E DE COORDINACIÓN PRESTADOS POLO DOUTOR JOSÉ ANDRÉS SECO OTERO


O coordinador da xestión da Atención Primaria desta área sanitaria, ven de presentar a súa dimisión neste cargo alegando motivos persoais
A Estrutura Organizativa de Xestión integrada de Pontevedra e O Salnés avala e agradece os servizos prestados en tarefas de dirección e coordinación de atención primaria da EOXI ao doutor José Andrés Seco Otero, que ven de presentar a súa dimisión neste cargo alegando motivos persoais.

Dada esta circunstancia, a Xerencia da EOXI de Pontevedra e O Salnés, recoñecendo o seu traballo, compromiso e adicación, aceptou a devandita decisión por motivos de índole persoal, que será efectiva administrativamente no Servizo Galego de Saúde nun breve prazo de tempo.

A efectos de dar continuidade á actual coordinación da xestión da Atención Primaria da área sanitaria-, a estrutura directiva da EOXI de Pontevedra e O Salnés asumirá ditas funcións organizativas, abrindo así mesmo un período administrativo reglado para efectuar unha nova convocatoria pública deste posto de responsabilidade asistencial.

Dilatada experiencia no eido sanitario público
O doutor José Andrés Seco Otero conta cunha dilatada experiencia profesional no eido sanitario público galego, no que desenvolveu durante as últimas décadas distintos postos de responsabilidade e coordinación na estrutura directiva da rede autonómica do Servizo Galego de Saúde, todos eles relacionados coa xestión de recursos sanitarios.

José Andrés Seco Otero é funcionario de carreira, coa categoría de Inspector médico e destino en Vigo. Incorporouse ao equipo directivo da Estrutura Organizativa de Xestión integrada de Pontevedra e O Salnés o 25 de setembro do ano 2009, asumindo desde entón diversos postos de traballo na xestión desta área sanitaria, responsabilidades nas que desenvolveu o seu labor profesional dun xeito altamente satisfactorio.

Deja un comentario