+034 986 09 02 04 Domingo 17 de Novembro de 2019

PAZOS DE BORBÉN ORGANIZA UNHA XORNADA FAMILIAR COA VISITA DE VOS BOLECHAS


A asistencia é totalmente gratuíta ata completar o aforo do salón de actos municipal

O salón de actos do Concello de Pazos de Borbén acolle este domingo unha xornada dedicada ao público infantil e familiar coa actuación “Somos unha gran familia”, de Vos Bolechas. O espectáculo dará comezo ás 20:00 horas e a entrada é totalmente gratuíta ata completar o aforo.
O espectáculo mestura o tradicional formato de marionetas cos actores reais e baséase na participación do público como elemento principal. A proposta ten un compoñente didáctico sobre o que vira o espectáculo, a familia e a súa importancia nas nosas vidas. Para iso propoñeranse diversas situacións e xogos nos que se terán que resolver cuestións como os parentescos familiares.
A actividade está organizada polo Concello de Pazos de Borbén e está incluída no programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado da Consellería de Cultura e Turismo a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Deja un comentario