+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019

A XUNTA REMATA A SENDA PEONIL QUE CONECTA OS NÚCLEOS DE FIOLLEDO E AS CHANS, NO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO, CUN INVESTIMENTO SUPERIOR AOS 48.000 EUROS


Con esta intervención na estrada de titularidade autonómica PO-402 a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade favorece a mellora das condicións de seguridade vial neste tramo que comunica Oleiros e Vilasobroso
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar a senda peonil na estrada PO-402, que conecta os núcleos de Fiolledo e As Chans, no Concello de Salvaterra de Miño.

Esta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade supuxo un investimento autonómico superior aos 48.000 euros.

Tratase dunha intervención que ten por obxectivo a mellora das condicións de seguridade vial neste tramo da estrada autonómica que comunica Oleiros e Vilasobroso, na parroquia de Fiolledo.

Os traballos permitiron a execución dun itinerario peonil pola marxe esquerda desta estrada de 240 metros de lonxitude e case 2 metros de ancho, entre os puntos quilométricos 1+330m conexión coa beirarrúa de Fiolledo e 1+570 (inicio da senda executada en 2017) ata o punto quilométrico 2+265, á altura das Chans.

Nestas obras incluíuse a canalización para a recollida das augas de drenaxe, e preinstalación para alumeado público e telecomunicacións, así como como a correspondente sinalización.

Deja un comentario