+034 986 09 02 04 Martes 19 de Novembro de 2019

A XUNTA DESTACA A IMPORTANCIA DOS PROGRAMAS DE INSERCIÓN LABORAL DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu a clausura do programa de inserción laboral Recicl-Arte
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á clausura do programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero Recicl-Arte, impulsado por la Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses. Dende a Secretaría Xeral da Igualdade concedeuse cerca de 48.000 euros para o desenvolvemento deste programa de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero en Galicia. A formación impartida tivo unha orientación práctica e aplicada, que buscou achegar a realidade laboral e empresarial ás participantes mediante os exercicios propostos.

As actuacións estiveron dirixidas a que as mulleres participantes incrementen as súas capacidades, educación, información e dereitos; en definitiva, como o control de diversos recursos fundamentais. Incluíuse dentro da programación actividades de formación relativa á creación de empresas e a como avaliar a viabilidade dos proxectos empresariais. Tamén se lles ensinou técnicas de restauración de mobles e reciclaxe para que poidan plantexarse esta modalidade de traballo como autoemprego.

Ao longo destas actuacións facilitouse o coñecemento de iniciativas empresariais impulsadas por persoas emprendedoras, principalmente mulleres, que sirvan de referente ou modelo a seguir polas participantes. Ademais, durante o desenvolvemento das actividades do programa previuse realización de actuacións de apoio á conciliación para que as participantes que o necesitase puidesen asistir e adquirir os coñecementos que se consideran necesarios para favorecer a súa incorporación ao mercado laboral.

Deja un comentario