+034 986 09 02 04 Sábado 16 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE CAMBADOS COLABORA CO PROGRAMA TEA-PUNTAS DA ASOCIACIÓN FAMILIAS AZUIS, PARA AS PERSOAS CON TRASTORNO DE ESPECTRO AUTISTA.


  • Realizasen en Cambados varias actividades para todos e todas as afectadas por T. E.A.
  • Todos os martes de xullo en horario de 10:30 a 12:00 horas todos os nenos e nenas con T.E.A que o desexen teñen unha cita para xogar ao fútbol no Campo Municipal de Cambados e os martes 2-9-16 de xullo de 18 h a 19 h gozasen dos xogos de Lego.

A alcaldesa Fátima Abal en compañía de varios membros da asociación Familias Azuis, presentaron esta mañá as actividades que esta asociación en colaboración co concello de Cambados vai promover para conseguir que os afectados por T.E.A poidan ter unhas xornadas de convivencia con outros afectados, e ao mesmo tempo que se reúnen poidan realizar xogos conxuntamente por exemplo os Legos e por suposto tamén se pensou no deporte, escollendo para esta ocasión o fútbol, ao ser un deporte máis recoñecido polos nenos xa que se practica en todos os centros escolares.

Estas actividades son totalmente gratuítas, e son para nenos con idades comprendidas entre os 6 e 15 anos. Fátima Abal sente especialmente sensibilizada con este tema e agradece á presidenta da Asociación e ás familias que a acompañaban que contasen con Cambados para realizar estas actividades e lograr con estas iniciativas que todas aquelas persoas que teñan afectados por T.E.A poidan ter a oportunidade de relacionarse con outros familiares e nenos na sua mesma situación e poder intercambiar vivencias e opinións para mellorar a relación diaria e poder avanzar no entendemento e no razoamento de todos e todas as afectadas por T.E.A.

Deja un comentario