+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UNHA EXCURSIÓN AO AQUAPARK DE AMARANTE O 13 DE XULLO


O Concello de Nigrán abre ata o 10 de xullo o prazo de inscrición para unha excursión ao Aquapark de Amarante (Portugal) o 13 de xullo, tendo preferencia os empadroados no municipio. O prezo é de 15 € para adultos e 7 € nenos de 5 a 11 anos, os menores de 5 anos van gratis. Os interesados deben anotarse na Oficina de Atención Cidadá do Concello de 9:30 a 13:30 horas. A entrada inclúe o transporte e a entrada ao recinto, está permitido levar comida da casa. A hora prevista de saída é ás 9:30 horas e a de chegada ás 22:00 horas. Non está permitido acceder con artigos de praia, envases de vidro nin cubertos de metal.

Deja un comentario