+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE MAÑÁ MARTES E O XOVES SENDOS CONCERTOS DE MÚSICA CLÁSICA A CARGO DE RECOÑECIDOS PRODIXIOS DE GALICIA E INTERNACIONAIS


A actuación do martes ás 20:30 horas no Auditorio, con entrada gratuíta, constará de obras de Saint-Saëns, Beethoven, Schreiner, Piazzolla, Mendelssohn, Chopin, Prchal, Fauré, Chausson, Piazzola/Sammut, Muramatsu, Debussy e Sarasate

O Concello de Nigrán, en colaboración con Peregrinos Musicales, ofrece este martes 2 de xullo e xoves 4 de xullo ás 20:30 horas no Auditorio Municipal sendos concertos de música clásica a cargo de recoñecidos prodixios de Galicia e outras partes do mundo. A primeira actuación, a de mañá, será con entrada gratuíta e constará de obras de Saint-Saëns, Beethoven, Schreiner, Piazzolla, Mendelssohn, Chopin, Prchal, Fauré, Chausson, Piazzola/Sammut, Muramatsu, Debussy e Sarasate.

O Concerto do xoves constará de sonatas para cello e piano a cargo de Antonio Lacruz e Andreu Riera respectivamente. Neste caso haberá unha entrada solidaria de 7 € (xubilados e parados 5 €). Interpretarán temas de L. van Beethoven (Sonata para Cello Nº 5 en Re maior), J. Brahms (Sonata para Cello Nº 1 en Mi menor), F. Chopin (Sonata para Cello en Sol menor, Op. 65).

Deja un comentario