+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

BNG E PSDG-PSOE ASINAN UN ACORDO PARA DOTAR AS NEVES DUN GOBERNO ESTABLE


 

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido dos Socialistas de Galicia (PSdG-PSOE) das Neves chegaron a un acordo que permitirá dotar ao Concello dun Goberno local estable, integrado por seis concelleiras e concelleiros.

Segundo o pacto asinado este luns, As Neves contará con seis departamentos e dúas tenencias de alcaldía artelladas do seguinte xeito:

Dinamización económica, comercial, laboral e turística, que estará dirixida polo propio alcalde, e que abrangue as áreas de Emprego, Formación, Contratación, Réxime Interior, Economía, Comercio, Turismo, Transportes, Patrimonio, Vivenda, Urbanismo e Participación e Mercado.

Marcelino Couto Martínez será o Tenente de Alcalde e responsables de Obras, auga e Facenda, que inclúe: Vías, Obras, Augas, Saneamento, Alumeado e Facenda

Óscar González Álvarez será o 2º Tenente de Alcalde e concelleiro de Servizos Públicos, Medio, Innovación Tecnolóxica e Deporte. Este departamento será o encargado do Persoal, Parque Móbil, Tráfico, Medio Urbano e Rural, Parques e Xardíns, Tecnoloxía para a Administración e a Cidadanía e Deportes.

Pilar González Casas será a concelleira de Ensino e Benestar Social, a cargo de Ensino, Lingua, Servizos Sociais, Voluntariado e Sanidade.

Rocío Barreiro Rodríguez asumirá o departamento de Cultura, Mocidade e Comunicación
O mesmo abrangue Cultura, Mocidade, Ocio e Comunicación institucional.

Natividad Durán Pedrosa será a concelleira de Muller e Seguridade

Órganos de goberno:
Pleno
As sesións plenarias celebraranse cada 2 meses no Salón de Plenos do Concello, sendo o 1º martes de cada mes impar ás 20:00h. horas a data ordinaria de celebración.

Xunta de Goberno Local
Estará composta polo alcalde e 3 concelleiros/as, resultando un total de 4 representantes, que serán: Xosé Manuel Rodríguez Méndez; Marcelino Couto Martínez, Óscar González Álvarez e Natividad Durán Pedrosa.

Deja un comentario