+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Novembro de 2019

NICANOR BARROS PRESENTA O LIBRO “RELATOS HISTÓRICOS DA MIÑA ALDEA” SOBRE SANTA MARÍA DE SACOS


O traballo recupera a memoria e o pasado desta parroquia cotobadesa e a súa estrea ateigou de veciños e achegados a Casa do Pobo

A Casa do Pobo de Santa María de Sacos vén de acoller a presentación do libro “Relatos históricos da miña aldea”, escrito polo veciño Nicanor Barros Gómez, cun acto masivo que ateigou completamente este recinto veciñal. Esta convocatoria cultural tamén contou coa presenza do alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e doutros membros da corporación municipal.

Esta obra serve para recuperar a memoria e o pasado desta parroquia cotobadesa e dá continuidade a moitos outros traballos históricos e culturais realizados sobre o concello ou determinadas zonas do mesmo. O autor explicou os motivos e o contido do libro e agradeceu especialmente a Cubela, aos demais representantes municipais e á comunidade de montes a súa presenza e colaboración.

Na súa intervención, o rexedor local destacou “o marabilloso traballo realizado por Nicanor e a gran calidade literaria desta obra” e puxo en valor o feito de que “supón un chanzo máis para poñer en valor a nosa historia, o noso pasado e as nosas tradicións, que é algo que considero fundamental porque as cousas que nos precederon son os piares para seguir construíndo un gran futuro para a nosa terra”.

Deja un comentario