+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Novembro de 2019

PAZOS DE BORBÉN ABRE AS SÚAS PISCINAS MUNICIPAIS


Os abonos individuais de tempada pódense adquirir por 15 euros mentres que os familiares, para pais e fillos, quedan en 30

O Concello de Pazos de Borbén acaba de abrir ao público as súas dúas piscinas municipais. O horario será de 16:00 a 21:00 horas todos os días da semana salvo o luns no caso da de Moscoso e o martes a de Nespereira. Do mesmo xeito, o Concello acaba de poñer ao dispor de todos os usuarios das súas piscinas os abonos válidos para toda a tempada.
O prezo de acceso para os bañistas é de 1 euro para a entrada xeral, un pase válido para un día completo que poderá adquirirse na porta do recinto. Para aqueles que gozarán de calquera das dúas piscinas máis asiduamente está deseñado o pase individual cun custo de 15 euros ata que se peche a tempada, unha data que dependerá das condicións meteorolóxicas. Para fomentar o uso familiar dos recintos deseñouse o abono familiar, que ten un custo de 30 euros e dá dereito a pais e fillos a gozar das piscinas municipais tantas veces como queiran.
Os abonos serán válidos e intercambiables entre os dous recintos, expediranse de maneira persoal co que simplemente haberá que acompañalos dalgún documento de identificación oficial para o acceso ao recinto. Os interesados en recibir máis información ou en solicitar os seus abonos deben dirixirse ás oficinas municipais da Casa do Concello, ou dirixirse ao teléfono 986 498 934. O custo dos abonos debe facerse efectivo no momento da solicitude.

Deja un comentario